viernes, 19 de junio de 2020

SORPRESIÑA DE DESPEDIDA

Chegou o momento de despedirnos durante as vacacións de verán pero o vindeiro curso voltaremos a asomarnos a esta xanela e esperamos que nos sigades acompañando. Moitas grazas polo esforzo, o traballo e a colaboración realizados tanto polos nosos alumnos/as como polas familias.
O Equipo de E. Infantil vos desexa un bo verán!

jueves, 18 de junio de 2020

A PAPARRR

E chegou o venres...
E para gozar da fin de semana unha receita ben doce e colorida. Esperamos que vos divirtades moito facéndoa. Bo proveito!!!
Así rematamos o curso, docemente 👅, pero non vos despistedes do blogue pois durante as vindeiras horas teredes unha sorpresiña de despedida...  


https://www.cocinadelirante.com/receta/postre/galletas-con-chispas-de-chocolate





miércoles, 17 de junio de 2020

DÍA DE PLÁSTICA CON MATERIAL DE REFUGALLO

A polo xoves!!!
As veces temos na casa obxectos que xa non lle damos uso cos que podemos facer máis cousas das que nunca nos imaxinaríamos... Trátase de darlles un segundo uso. Que opinades se vos propoñemos facer unha vaca ou un peixe con cd´s vellos?! Que non se pode??? Claro que sí! Ollade!!!









martes, 16 de junio de 2020

EXPERIMENTANDO

Como levamos a semana rapaces?!
Hoxe é mércores!!! E que temos preparado??? Un novo reto de ciencia... ademais dos retos do profe Moisés. Mirade, é ben fácil. Precisamos: auga, vasos, colorantes, papel abosorbente e... moita paciencia!!! Imos facer unha chuvia de cores!!! Animádevos!!! Ímonos convertir nuns auténticos científicos!!!

                         

CORREDE A VER A SUPER PROPOSTA DO PROFE MOISÉS!!!



lunes, 15 de junio de 2020

MARTES ARTÍSTICO

Ola peques!!!
Hoxe vos propoñemos facer arte abstracto. E iso que é??? Pois consiste en crear as vosas propias formas e non copiar persoas nin cousas coñecidas. Aquí vos propoñemos algunhas técnicas pero podedes empregar outras. Seguro que sairán cousas moi interesantes que estaremos encantadas de recibir.

https://www.youtube.com/watch?v=RfhkxmiYVMM 



https://www.youtube.com/watch?v=phL0xdzGo9I








 
https://www.youtube.com/watch?v=pprOtA9a3i8






https://www.youtube.com/watch?v=A82UgyGtrbg







https://www.youtube.com/watch?v=t1yzZzi_-d4







https://www.youtube.com/watch?v=CpBLW3zMuE8






 
https://www.youtube.com/watch?v=NynIROsmW_g





https://www.youtube.com/watch?v=sIYBLpc3CYs 



https://www.youtube.com/watch?v=2mWM_KsSgY8



https://www.youtube.com/watch?v=sMaRRR5YWo0 













 

domingo, 14 de junio de 2020

CONTO E RETO

Que tal están os nosos nenos e as nosas nenas do Canicouva?! Vistes que cadros tan chulos saíron no reto??? Botádelle un ollo á exposición que temos máis abaixo.
Acompañádesnos nesta última semana do curso???
A protagonista do conto de hoxe é Lola Pelillos e ten un abrigo cheo de petos ou "bolsillos" nos que garda cousas sorprendentes que vos invitamos a descubrir. O título do conto é "LOS BOLSILLOS DE LOLA" do escritor Quentin Blake e da editorial Kalandraka. A ver se vos gusta! 

https://www.youtube.com/watch?v=4Iqq6jtJF7Q

E agora, despois de ler o conto, toca plantexarvos o reto. Imaxinade por un intre que podedes ter un peto máxico... que vos gustaría sacar del??? Podedes decirllo aos vosos pais, debuxar ese peto, decoralo e ver que cousas sairían del, facelo de papel, cartolina ou goma eva e ir sacando cousiñas que teñades na casa ou ben escribilo. Elixide a opción que máis vos apeteza.
Como sempre estaremos encantadas de recibir os vosos traballiños.

MAÑÁ ESPERÁMOSVOS CO RETO DE ARTE!!!

viernes, 12 de junio de 2020

RETO SUPERADOOO

A semana pasada propuxemos un reto moi divertido e laborioso. Estas son as obras de arte que recibimos. Parabéns a todos/as polas vosas creacións!
GRAZAS POR PARTICIPAR!!!