miércoles, 29 de abril de 2020

3 ANOS

Ola!!!

E para rematar a semana imos practicar a grafo do número 3, pero antes podedes coller cousiñas que teñades na casa e agrupalas de 3 en 3. Por exemplo: 3 bonecos, 3 zapatos, 3 pinturas... E despois debuxar 3 cousas que vos queirades, unha en cada recadro.





Agora aquí vos deixamos un chisquiño de plástica, a ver que tal os saen estas alegres abelliñas!


E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!







Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.



Vémonos o vindeiro martes, boa finde pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...



4 ANOS

Que tal os retos do profe Moisés??

Seguro que xa repuxestes forzas e xa estades preparados para facer algo. Pois hoxe tócanos coñecer as partes dunha abella. Xa a debuxamos de perfil, vista dende arriba, pero agora imos vela un pouco máis preto. Mirade ben cantas partes ten...




E como seguro que aínda non estades cansos, aquí vos deixamos unha manualidade de como facer unha abella moi especial.



E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!


 

Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.



 Ata o martes, pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...

5 ANOS

Como ides EQUIPOS A e B?!
Igual un pouquiño cansos porque é xoves pero como ven unha fin de semana longaaa, xa podedes descansar.

PROPOSTA 1:

Para hoxe temos unha ficha de lóxica-matemática que de seguro vos vai resultar moi doada. Lede o que tedes que facer e a por ela!




E agora un repasiño de todas aquelas palabras novas do mundo das abellas que levamos aprendidas, fagamos reconto: mel, polen, abella, panal, néctar, colmea, apicultor/a, polinización... Pois resulta que tedes que buscar todas estas palabriñas nunha sopa de letras. A ver se o conseguides! Xa nos contaredes!



PROPOSTA 2:

Na segunda proposta vos propoñemos unha bonita e colorida manualidade. Podedes facer estas abelliñas con cartolina ou folio de cor ou empregar un folio branco e pintalo. En canto as flores son moi parecidas ás papoulas do outro día así que xa sodes uns expertos/as ou podedes cambialas por outras diferentes que queirades.  Engadirlle tamén unhas nubes de algondón, estampadas, debuxadas e recheas con virutiñas de sacapuntas azul ou branco... en fin, sorprendédenos coa vosa creatividade!!!




E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!






Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.


  
Ata o martes, pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...

MÚSICA

Aquí vos deixamos o enlace do vídeo dos Little Einsteins "Hermanos al rescate" Beethoven - 5ª  Sinfonía. Este recurso está incluído nos recursos da pestana de MÚSICA pero aquí deixámosvos unha actualización de mellor calidade.


https://drive.google.com/file/d/1CSi2k8QdgIKC57W3-t0hHHBjVB3kukfH/view?usp=sharing

Fai clic na imaxe


martes, 28 de abril de 2020

3 ANOS


Hoxe mércores quero que coñezades a 3 tipos de abellas que viven comigo na colmea.
A máis alongada é a raíña. Encárgase de poñer os ovos dos que van a nacer outras abelliñas.
Os zánganos son os machos da colmea. Son grandes e regordechos.
As obreiras son as máis pequenas. O seu traballo é recolectar o néctar e o polen das flores para facer o mel.
Sabedes que son eu? Eu son unha abella obreira.
Por certo, quen vive contigo na túa casiña?
Porfa!!! Fai un debuxo da túa familia.



E como hoxe é mércores, de seguro que o profe Moisés ten algunha sorpresiña no seu blogue. Animádevos a visitalo!

ATA OUTRO DÍA!!!


4 ANOS

Que tal??

Preparados para ir a psico co profe Moisés?? Pois mirade o que temos que facer. Para ir quecendo un pouquiño as mans, imos realizar un pequeno labirinto. Seguro que moi doado para vós, pero lembrade, ide a modiño. Primeiro co lapis por se nos confundimos. Que esta abella quere chegar a súa colmea!!

Agora sí, xa podedes ir o blogue do profe Moisés, que si o outro día foi unha supersorpresa xa veredes o que ten hoxe!!

5 ANOS

Que tal estades puequechos/as?!

PROPOSTA 1:

Agora que xa sabemos como se elabora o mel e por que fan mel as abellas, imos coñecer o bo que é este produto para a nosa saúde. O mel dános moitísima enerxía e ademais cálmanos a dor de gorxa e tamén a tose. Así que xa sabedes, a tomar moita mel!!! E como hoxe é mércores e estaredes desexando visitar o blogue do profe Moisés, aínda que non esquezades visitalo tamén o resto dos días, aquí vos deixamos dúas fichiñas moi sinxelas. Na primeira tedes que atopar o mel e distinguila dos demais produtos. Unha vez identificado só tedes que colorear, despaciño e ben (sen bigotes) e enumerar os botes que hai para saber o total. Pista: o resultado é o número dos días da semana menos a fin de semana (Alá! A restar!). E na segunda ficha tedes que conseguir atopar as letras que forman as 3 palabriñas que están dentro do cadrado e que primeiro debedes ler para poder comezar a buscalas. Recordade que para non liarvos o mellor é colorear todas as letras da mesma palabra da mesma cor. Mirade que máis cousiñas importantes nos dan as abellas.







PROPOSTA 2: 

Chegou o momentooo!!! Correde a ver que sorpresiña nos garda hoxe o profe Moisés!!! Será outro reto??? Nós non temos nin idea así que tamén imos pescudar.

DEICA MAÑÁ!!!


lunes, 27 de abril de 2020

3 ANOS

Como estamos? Imos a polo martes?!


Olaaa!!! Veña a polo martes!!
A proposta de hoxe é do número 3, sinxeliño verdade? A grafía do 3, xa sabedes como sempre, primeiro co dedo, despois cun lapis e por último con rotu ou ceras, podedes repasalo varias veces; pero ollo que tamén tedes que colorear 3 flores, sí, só 3, moito coidado!!



A maiores para os que aínda lle quede algo de enerxía, aquí tedes unha ficha para repasar o voo das abellas para chegar as flores. Moito ánimo!! 


4 ANOS

Bos días pequenos!!!
Almorzastes ben?? Porque hoxe témosvos pouco traballo. Primeiro imos facer unhas pequenas danzas. Lembrades?? As abellas bailaban. Así que ánimo!! A poñerse a bailar!!


E despois, unha vez que xa bailaron, teñen que volver a súa casiña. Sabedes como se chama?? Colmea. Pero... teñen que regresar de tres en tres. Así que tedes que agrupalas e rodealas. Podedes practicar primeiro con lentellas, macarróns, fabas, garavanzos... e despois mans á obra!! 



E se aínda tedes máis gañas de traballar aí vos deixamos unha pequena manualidade que vos levará un pouquichiño de tempo. Con tapóns e tubos de papel hixiénico. Podedes escoller!!


5 ANOS

Como estamos? Imos a polo martes?!

PROPOSTA 1:

Onte coñecimos ao apicultor e hoxe imos ver o cal é a súa función no proceso da elaboración do mel. Para iso temos que saber responder a algunhas preguntas: 
* Que recolectan as abellas nas flores para facer o mel? 
* A onde levan o que recolectaron as abellas? 
* Onde o deixan? 
* Que recolle o apicultor dos panales? 
* A onde chega despois ese mel? E onde se mete para vendela e que chegue ata nós? 
* Por que fan mel as abellas?! 
Tedes todas as resposta neste documental. 
Premede na imaxe.
https://www.youtube.com/watch?v=_xYN4TDb-qA


 
 
PROPOSTA 2:
E como segunda proposta hoxe toca grafomotricidade. Xa sabedes como hai que facela, despaciño polas raias discontinuas, primeiro a lapis, despois con rotu e por útimo hai que darlle cor e se pode ser con pinceis mellor que mellor. Tamén quedaría moi chulo se decorades o fondo e para iso facede uso da vosa imaxinación.
Non olvidedes enviarnos unha fotiño ás mestras para ver esas abellas tan fermosas que de seguro faredes.



ESPERÁMOSVOS AQUÍ MAÑÁ E PASAMOS LISTA!!!

domingo, 26 de abril de 2020

3 ANOS

Ola peques!
Que tal de fin de semana?
Seguro que moi ben.
Quero ensinarvos aos meus amiguiños. Gustaríame que fixerades un debuxo dos amiguiños que tendes. Se o facedes enviarllo a Sonia e a Belén.


E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO
 https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A


RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

DEICA LOGOOO!!!


4 ANOS

Xa estamos aquí!!! Outra nova semana. Preparados para traballar???
Pois veña, comezamos.

Lembrades que outro día fixemos unha abella de perfil?! Pois hoxe tócanos debuxar os tres tipos de abellas vistas dende arriba. Fixádevos ben, parecen iguais pero son diferentes. Unhas son máis grandes ca outras.





E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO
https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A


RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

5 ANOS

Ola, ola!!! Aquí estamos de novo!!!

PROPOSTA 1:

A primeira proposta de hoxe achéganos a un personaxe xa coñecido por todos e todas vós. Pista: o profe Moisés disfrazouse así no Entroido. Sííí, de apicultor!!! Como ben sabedes o apicultor/a é a persoa encargada de críar as abellas e de coidalas para que produzan o mel pero para facer este traballo non poden ir vestidos de calqueira xeito, teñen que levar un traxe moi especial para protexerse das picaduras. Imos buscar información sobre esta profesión no noso Symbaloo do blogue ou no seguinte enlace, fai clic na imaxe.
http://www.abejasmundi.com/infantil/trabajo.htm


PROPOSTA 2:
E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO

https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A&t=89s



RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

MAÑÁ MÁISSS

jueves, 23 de abril de 2020

3 ANOS

Olaaa!!! Xa estamos a venres!!!


Como a semana vai vencisa xa queda pouca enerxía, por iso hoxe é moi sinxeliño o que tedes que facer. Onte aprendestes que a casiña das abellas chámase colmea, pois hoxe só tedes que unir cada abelliña ca súa casiña, pero mirade ben que non son todas iguais.



Como xa ven aí a fin de semana, deixámosvos unha pequena receita de cociña, para que vos animedes a facer cas vosas familias. É moi faciliña e xa veredes que rica está.


https://decopeques.com/recetas-infantiles-con-fresas/ 

Aínda que vos vai este modelo, podedes empregar calquera froita. Unha vez rematada podedes sacarlle foto e pegala na ficha, ou ben facer o debuxo e con todas as receitas que vaiamos facendo podemos crear o noso propio recetario. E non olvidedes, que si queredes podedes facerlle unha foto e ensinar o resultado.


 BOA FIN DE SEMANA. BIQUIÑOS E ATA O LUNS!!!

4 ANOS

Qué tal??? Por fin é venres!!!

Pois despois de ver estes días como eran as flores, para hoxe temos unha ficha cos tres tipos de abellas vistas de perfil. Lembrades o que era o perfil?? Fixémolo cos exipcios!!
Temos dúas maneiras de vernos: de fronte ou de perfil. Se queredes podedes comprobalo no espello. Se mirades para adiante, é de fronte, e se mirades de lado é de perfil. 
Podedes facelo cara á dereita e cara á esquerda. Despois de xogar, xa podedes debuxar a vosa abella. Facédea con lapis, repasádea con rotu negro e despois a coloreamos, como facemos en clase. 


E se vos animades aí vos deixamos algunha manualidad de abellas. Escollede a que queirades. Podedes consultar o Symbaloo.
https://iheartcraftythings.com/recycled-bee-craft.htmlhttps://www.pinterest.es/pin/853432198108514548/?nic_v1=1afcfaSFllZ63GZQL54oZAMGlSTm4NDkEaOs8VLhSUIzWSu3qdxceSStG5PV89Lbzk 

Como xa ven aí a fin de semana, deixámosvos unha pequena receita de cociña, para que vos animedes a facer cas vosas familias. É moi faciliña e xa veredes que rica está.

https://decopeques.com/recetas-infantiles-con-fresas/


Unha vez rematada podedes escribir os ingredientes da receita, e facer o debuxo do resultado final. Seguro que quedan flores preciosas e con todas as receitas que vaiamos facendo podemos crear o noso propio recetario. E non olvidedes que si queredes podedes sacarlle unha foto e ensinar o resultado.


BOA FIN DE SEMANA!!!

5 ANOS

E sen case darnos conta xa chegamos ao venres!

PROPOSTA 1:

Hoxe querémosvos falar dun traballo súper importante que desempeñan as abellas: a POLINIZACIÓN. Outra desas palabras raras que ao principio custan memorizar como a das bolboretas, recordades? META... que??? (metamorfose). Pois a polinización consiste no transporte de polen que fan as abellas do pistilo dunha flor ao pistilo de outra. Ademais agora xa sabemos onde está o pistilo dunha flor... verdade? Grazas á polinización das abellas prodúcense a maior parte das cosechas do mundo e florecen moitímas plantas en todo o planeta obtendo así as semillas e os froitos que tanto nos gustan. Seguro que agora xa entendedes a importancia de esta función que realizan as nosas pequenas pero grandes amigas. A continuación pensade nun froito para debuxar, estampar, recortar dalgunha revista... e escribide o seu nome.



PROPOSTA 2:

Como a cousa vai de froita e xa ven aí a fin de semana, deixámosvos unha pequena receita de cociña, para que vos animedes a facer cas vosas familias. É moi faciliña e xa veredes que rica está.


PROPOSTA 1:



Unha vez rematada, podedes escribir no seguinte modelo que aquí vos deixamos ou outro que fagades vós, o título da receita, os seus ingredientes, un pequeno proceso de como o elaborastes, e como non, o debuxo desa receita que quedará espectacular! Con todas as receitas que vaiamos facendo podemos crear o noso propio recetario . E non olvidedes que si queredes, podedes facerlle unha foto e ensinar o resultado.


QUE TEÑADES UNHA BOA FIN DE SEMANA!!!

SORPRESIÑA NO BLOGUE DA BIBLIO

Recordades as fotiños que vos pedimos de parte do Equipo da Biblioteca? Pois chegou o DÍA DO LIBRO e o momento de saber o que fixeron con elas... Visitade o blogue TRITONGO E CIA  para saír de dúbidas!!!

DÍA DO LIBRO

Aí vai unha preguntiña, a ver se sabedes que día é hoxe... 23... de abril... Día do Libro!!! E para celebralo imos ver ou ler o conto "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" que moitos de vós xa coñecedes. Despois de lelo e reflexionar sobre a mensaxe tan especial deste relato, pensando en que lle acontece a Cuadradito e como se resolve o dilema que se lle presenta, vos propoñemos facer unha representación do conto como se vos ocorra. Pode ser a través dun debuxo con diferentes materiais, recortando as formas ou poñendo obxectos que teñades na casa; pode ser un mural grande nun cartón e tapas coas formas dos protagonistas; podedes contalo vós ao voso xeito e propoñer diferentes solucións ao problema de Cuadradito; tamén podedes facer unha dramatización da historia coa colaboración da vosa familia e se contades con eles, tamén lle podedes pedir axuda para representar as formas que saen no conto cos vosos propios corpos ou con distintas partes do mesmo... Veña agudizade o inxenio!!! E xa sabedes que todo o que fagades é válido porque o importante son as gañas que lle poñades e se queredes compartilo con nós, estaremos encantadas de recibilo.

ENLACE VÍDEO


PDF

E como hoxe non deixa de ser un día especial, aquí vos deixamos uns modelos de posibles marcapáxinas.


Para imprimir.

miércoles, 22 de abril de 2020

3 ANOS

Aquí estou de novo!!!

Gustáronvos as fotos de Castrelos?
A miña casiña está nunha das árbores do bosque de Castrelos moi preto do río Lagares.
A miña casa chámase colmea. As colmeas poden ser de moitas formas.
E vós, vivides nun edificio? Nunha casiña?
Se queredes podedes facer un debuxo dunha casiña e enviarllo ás profes Belén e Sonia.
Querémosvos moito!!!
Deica logo!!!
 A ABELLA SUSA 



 A segunda proposta de hoxe é a actividade do DÍA DO LIBRO que tedes na páxina principal do blogue.
 Esperamos que vos guste!!!

4 ANOS

Olaaaaa!!! Estamos aquí!!!!!!!

Perdéstesvos ou atopastes a saída do labirinto? Pois para hoxe temos un auténtico traballo de maiores. Coñecer un pouco máis das flores. Completade as palabras que faltan. e se podedes, facédeo coma onte, e principio sós, e despois cunha pouca de axuda. E polo fondo, podedes facer moitos círculos. Incluso uns dentro de outros. Así podemos facer círculos pequenos, ó redor outro que sería mediano, e ó  redor outro máis grande, e así ata que queirades...




 A segunda proposta de hoxe é a actividade do DÍA DO LIBRO que tedes na páxina principal do blogue.
 Esperamos que vos guste!!!

5 ANOS

Veña a polo xoves!!!

PROPOSTA 1:

De seguro que esa figuriña de 6 lados chamada........(hexágono) xa non se vos olvida máis pero por si acaso e para asegurarnos imos a facer hoxe dúas actividades relacionadas con ela. Comezamos lendo para saber que temos que facer e como vedes nesta ocasión temos que repasar, completar ou debuxar segundo corresponda e despois colorear atendendo ao código de diferentes estampados, fixádevos ben.

Apetécevos facer un xogo??? Pois alá imos! É moi sinxelo, só tedes que preparar o voso dedo índice e seguir atentamente as instruccións. 

  A XOGARRR!!!  


PROPOSTA 2:
A segunda proposta de hoxe é a actividade do DÍA DO LIBRO que tedes na páxina principal do blogue.
 Esperamos que vos guste!!!