domingo, 14 de junio de 2020

CONTO E RETO

Que tal están os nosos nenos e as nosas nenas do Canicouva?! Vistes que cadros tan chulos saíron no reto??? Botádelle un ollo á exposición que temos máis abaixo.
Acompañádesnos nesta última semana do curso???
A protagonista do conto de hoxe é Lola Pelillos e ten un abrigo cheo de petos ou "bolsillos" nos que garda cousas sorprendentes que vos invitamos a descubrir. O título do conto é "LOS BOLSILLOS DE LOLA" do escritor Quentin Blake e da editorial Kalandraka. A ver se vos gusta! 

https://www.youtube.com/watch?v=4Iqq6jtJF7Q

E agora, despois de ler o conto, toca plantexarvos o reto. Imaxinade por un intre que podedes ter un peto máxico... que vos gustaría sacar del??? Podedes decirllo aos vosos pais, debuxar ese peto, decoralo e ver que cousas sairían del, facelo de papel, cartolina ou goma eva e ir sacando cousiñas que teñades na casa ou ben escribilo. Elixide a opción que máis vos apeteza.
Como sempre estaremos encantadas de recibir os vosos traballiños.

MAÑÁ ESPERÁMOSVOS CO RETO DE ARTE!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario