martes, 9 de junio de 2020

A EXPERIMENTARRR

Que tal rapaces?? 
Xa estamos na metade da semana. E que toca?? Siiiii. Reto do profe Moisés... xa sabemos, pero tamén temos ciencia. Mirade o que temos preparado para hoxe, dúas propostas moi sinxeliñas. 
Para a primeira chamada "O globo que come confeti" contaremos cun globo, confeti, algo de lana e un rotulador.


E na segunda proposta,"Flechas que xiran soas" tan só precisamos auga, un vaso transparente, un papel e un rotu. Ollade, xa veredes como é, coma facer maxia.


Xa podedes ir a ver que sorpresiña nos ten hoxe preparada o profe Moisés. Parece ser que el tamén leu o conto da eiruga larpeira esta semana... mirade, mirade...
 
DESPEDÍMONOS POR HOXE!

No hay comentarios:

Publicar un comentario