domingo, 31 de mayo de 2020

CONTO E RETO

Preparados para comezar o mes de xuño e unha nova semana???
Como vos dixemos a semana pasada, xa rematamos o proxecto das Abellas e agora tocan novos retos e propostas. Estades preparados e preparadas?!  👂👂👂👂👂👂👂👂👂
Pois comezamos!!!

Os contos nunca poden faltar e hoxe traémosvos un conto cheo de maxia titulado "TITO MAGO" e aínda que non o coñezades xa vos podedes facer unha idea de que trata...
Ao final do conto atoparedes como elaborar unha ferrementa fundamental para ser un bo mago ou maga! Animádevos a facela!

 https://www.youtube.com/watch?v=K-2l1ChvDMo


E como reto vos propoñevos convertivos en Tito, é dicir, en magos e magas!!! Pero para iso hai que aprender a facer algún truco de maxia así que vos deixamos algunhas ideas aínda que seguro que a vosa familia vos pode ensinar moitos máis. 

https://www.youtube.com/watch?v=a2uDdt7UR_E&t=5s

ABRACADABRA 
QUE COMECE A MAXIAAA

viernes, 29 de mayo de 2020

XA TEMOS OS MAIOS FLORIDOS!

Pero que bonitos vos saíron estes Maios floridos.
 Sodes uns aunténticos ARTISTASSS.



PSICOMOTRICIDADE NA CASA

Psicomotricidade na casa???
Non vos equivocastes de blogue non, 
nin imos facer retos de psicomotricidade porque non os faríamos tan ben como o voso profe de psico... pero sí que vos aconsellamos que non tardedes en entrar no Blogue do Profe Moisés xa que vos agarda unha
SUPER SORPRESAAAAAAAAAAAAA.
E non vale rirse das mestras...🙈

jueves, 28 de mayo de 2020

3 ANOS

Pepe, o apicultor

Rematamos a semana e con ela finalizamos o noso proxecto das Abellas. Agardamos que aprendésedes moitas cousiñas sobre elas e que recordásedes outras que xa sabiades. Aquí seguiremos con máis propostas, non deixedes de visitarnos.  

Pepe pasa a revisar as colmeas, ten que vestir un traxe especial para que non o piquen as abellas. O seu oficio é de apicultor.
Atopa a colmea de Susa e de Lolo cheíííííña de rico mel.
De cada panal vai recollendo o mel nuns cubos para logo repartilo en pequenos envases de cristal.
Sabedes unha cousa??
O mel é moi bo para axudar a curar os catarros e ten mooooitas vitaminas.
A mín gústame moito. E a tí?
Anímate a probalo!!!




Os venres son días de cociña así que a lavar as mans e alá imos! Hoxe a cousa vai de música... a saboreala con moito ritmo.
















4 ANOS

Por fin venres!!!

Rematamos a semana e con ela finalizamos o noso proxecto das Abellas. Agardamos que aprendésedes moitas cousiñas sobre elas e que recordásedes outras que xa sabiades. Aquí seguiremos con máis propostas, non deixedes de visitarnos. 

Hoxe imos ver o seguinte paso do proceso do mel. E rematamos. Así máis tempo de xogar. Así que unha vez que o apicultor recollía o mel do panal, o que ten que facer é metela en tarros ou botes.



E para rematar, unha vez que xa está envasada, xa podemos mercala. 



Os venres son días de cociña así que a lavar as mans e alá imos! Hoxe a cousa vai de música... a saboreala con moito ritmo.










  



5 ANOS

Chegou o venres!!!
Rematamos a semana e con ela finalizamos o noso proxecto das Abellas. Agardamos que aprendésedes moitas cousiñas sobre elas e que recordásedes outras que xa sabiades. Aquí seguiremos con máis propostas, non deixedes de visitarnos.

PROPOSTA 1:
Traémosvos unhas abella á que lle falta algunha parte do seu corpo, e de seguro que enseguida saberedes de que se trata. Para porlle remedio teredes que unir os números ordenadamente dende o 1 ata o 34. Estade ben atentos/as e nos vos deixedes ningún atrás. Despois podedes decorar o fondo como unha festa de despedida con globos, serpentinas, máis abelliñas,  flores, estrelas... a ver que se vos ocorre!



E para rematar interésanos moito saber que foi o que máis vos gustou de todo o que aprendestes estas semanas sobre as nosas amiguiñas as abellas. Podedes escribilo ou debuxalo e como sempre encataranos recibilo.




PROPOSTA 2:
Os venres son días de cociña así que a lavar as mans e alá imos! Hoxe a cousa vai de música... a saboreala con moito ritmo.















 Agardámosvos o luns!!!

miércoles, 27 de mayo de 2020

3 ANOS

Olaaa pequerrecho@s!!!


Despois de falar e aprender tantas cousas das nosas amigas as abellas, como por exemplo que producen mel, na ficha de hoxe vamos a colorear os tarros de mel que conteñan as letras para formar a palabra "ABELLA". Ánimo que seguro que o faredes xenial.





Como segunda proposta hoxe imos usar todos aqueles tapóns que xuntastes estes días. Traémosvos 10 xogos moi sinxelos para facer vós. Podedes facelos todos ou elixir os que máis vos apetezan. Esperamos que vos gusten.


Deica mañá!!!

4 ANOS

Que tal ???

Veña que xa é xoves. E hoxe traémosvos varios xogos. Lembrádesvos do xogo dos caramelos? De cando os xuntabamos e de cando nolos comiamos? Pois  hoxe imos cambiar os dedos das mans polo papel e imos cambiar os caramelos por abellas. Xuntádeas ben!!!



Despois de sumalas imos repasar os números 3, 4 e 5. Pintade as que corresponda. E estade moi atentos e moi concentrados para non equivocarnos e pintar de máis, ou de menos.




Como segunda proposta hoxe imos usar todos aqueles tapóns que xuntastes estes días. Traémosvos 10 xogos moi sinxelos para facer vós. Podedes facelos todos ou elixir os que máis vos apetezan. Esperamos que vos gusten.

https://www.youtube.com/watch?v=rHTM_-b0F6E

5 ANOS


Ánimo que xa estamos a xoves!!!

PROPOSTA 1: 
Hoxe imos restar ou o que é o mesmo "quitar". Podedes practicar cos dedos ou cos obxectos que queirades. Seguro que están chupadas 😉.



PROPOSTA 2: 
Como segunda proposta hoxe imos usar todos aqueles tapóns que  xuntastes estes días. Traémosvos 10 xogos moi sinxelos para facer vós. Podedes facelos todos ou elixir os que máis vos apetezan. Esperamos que vos gusten.

https://www.youtube.com/watch?v=rHTM_-b0F6E


MAÑÁ PASAMOS LISTA!!!

3 ANOS

AS CELDIÑAS DA MIÑA CASIÑA

Despois de recolectar os grauciños de polen o néctar das fermosas flores do parque de Castrelos, Lolo e Susa leváronno á súa colmea. Cada abella colocou o polen nas celdiñas donde se transformarán  nun rico, rico mel.
- Lolo, fíxate na forma das celdiñas. Díxolle Susa.
- Teñen forma de hexágono. Contestoulle Lolo.
Susa contou os lados dunha celdiña e descubriu que tiña 6 lados.
Queres contarllos tí? Adiante!!!
1, 2, 3, 4, 5, 6
ESTUPENDO!!

 

E agora correde a ver o blogue do prode Moisés para saber que reto teremos que facer hoxe!!!

martes, 26 de mayo de 2020

4 ANOS

Bos días rapaces!!!


Xa estamos na metade da semana. E que pasa sempre na metade da semana?? Que temos pcico. Pero antes de ir co profe Moisés mirade o traballiño. Despois se queredes, xa o faredes. Estabamos estudando como se facía o mel e hoxe tócanos ver como o apicultor recolle o mel do panal para... o próximo día saberémolo.



Veña que está esperando o profe Moisés...

5 ANOS

Como levamos a semana?! 

Seguimos xuntando os tapóns para a actividade de mañá? Esperamos que sí.

PROPOSTA 1: 
Imos recordar algunhas cousiñas sobre as abellas á vez que practicamos a escritura ligada. Recordade dentro da pauta e todas collidas da man. A por ela!



PROPOSTA 2: 
Non tedes curiosidade por saber que reto nos ten preparado  hoxe o profe Moisés??? Pois correde e así xa ides quecendo para levalo a cabo 💪💪💪💪
  

MAÑÁ MÁIS!!!

lunes, 25 de mayo de 2020

3 ANOS

Bos días rapaces!!!

Boas, como estamos hoxe???
Moi fácil, tedes que reunir cousas que teñades por casa en grupos de 3 en 3. Despois toca facelo na ficha rodeando  as abellas  en grupos de 3. 




Ata mañá!!!

4 ANOS

Olaaa!!
Hoxe traémosvos varias cousiñas. Son moi sixeliñas. E xa veredes que rápido rematades. A primeira son unhas abelliñas un pouco raras... están desexando saír ó sol e mirade que caminiños fan. Menos mal que levan as súas gafas...



Como segundo xogo, traémosvos unhas figuras xeométricas que seguramente saberedes... aínda así imos repasalas. Non esquezades escribir o seu nome e... o círculo podédelo encher puntos, o cadrado de estrelas, o triángulo de raias verticais e horizontais e o rectángulo... do que queirades!!!



E para rematar, se aínda queredes xogar un pouquichiño máis, aí vos deixamos un pequeno xogo para cnstruír as vosas figuras. Tan só precisades escarvadentes e unha pouca plasti, mirade que fácil é.


 

5 ANOS

Ola pequechos e pequechas!

PROPOSTA 1:
Hoxe temos unhas abellas que precisan a vosa axuda porque elas nos saben sumar, pero vós siiiiii. Xa sabedes que podedes facelo de moitas formas: cálculo mental (gardamos o número máis grande na cabeza e contamos a partir dese tantos números como nos indique o máis pequeno), cos dedos, con obxectos... Adiante!!!




PROPOSTA 2:

Hoxe imos facer unha grafomotricidade moi divertida. Podedes imprimir ou debuxar, a poder ser nun papel A3 (o doble dun folio) ou outro que sexa grande, todos eses trazos e outros que se vos ocorran e facer eses percorridos con todos aqueles obxectos que teñades por casa. Alá, a darlle á testa!!!

https://www.youtube.com/watch?v=gPsFoPjl_UY



 DEICA MAÑÁ!!!

domingo, 24 de mayo de 2020

3 ANOS

Ola rapaces e rapazas!!!

Xa rematou a fin de semana.
Sguriño que estivestes no parque.
Susa e Lolo tamén estiveron no parque recolectando graos de polen para levar a súa colmea. 
Na primavera e no verán teñen que xuntar moito polen das margaridas, rosas, caraveles, xazmíns... para facer o mel.
Como vedes Lolo e Susa son dúas abellas obreiras super traballadoras.




Hoxe é día de conto e traémosvos "NICOMEDES O PELADO" de Pinto e Chinto . Despois de escoitalo podedes intentar levar a cabo o reto que vos propoñemos: 
Se non tivésedes cabelo... Que levaríades vos na cabeza??? 
A pensarrrrr!!! Pero recordade que non vale repetir as ideas de Nicomedes, pensade outras diferentes que de seguro serán mellores cas súas e podedes plasmalas nun debuxo para compartilas cas profes.

 https://www.youtube.com/watch?v=oIpJukZQRG0
Recordámosvos que non olvides xuntar os tapóns das botellas para poder facer a actividade de plástica do xoves.
 Chaoooo!!!!

4 ANOS

Que tal rapazada???
 
Menuda fin de semana!!! Pois como supoño que colleriades forzas... estades preparados para traballar???
Pois hoxe imos continuar co que estabamos a estudar a semana pasada: o proceso do mel. Xa sabemos que as abellas  collen o polen das flores, que o levan á colmea e hoxe... imos ver como o depositan nos panais.




Hoxe é día de conto e traémosvos "NICOMEDES O PELADO" de Pinto e Chinto . Despois de escoitalo podedes intentar levar a cabo o reto que vos propoñemos: 
Se non tivésedes cabelo... Que levaríades vos na cabeza??? 
A pensarrrrr!!! Pero recordade que non vale repetir as ideas de Nicomedes, pensade outras diferentes que de seguro serán mellores cas súas e podedes plasmalas nun debuxo para compartilas cas profes.

 https://www.youtube.com/watch?v=oIpJukZQRG0

Recordámosvos que non olvides xuntar os tapóns das botellas para poder facer a actividade de plástica do xoves.

5 ANOS

Que tal foi a fin de semana?! Seguro que gozastes do bo tempo e cargastes a batería así que...
Comezamosss!

PROPOSTA 1:
Un pouquiño de lectoescritura para ler e seguir practicando as minúsculas por se vos esquecedes... 👀 E de paso recordamos tamén cousiñas que xa aprendimos sobre as nosas amiguiñas as abellas.




PROPOSTA 2:
Hoxe é día de conto e traémosvos "NICOMEDES O PELADO" de Pinto e Chinto . Despois de escoitalo podedes intentar levar a cabo o reto que vos propoñemos: 
Se non tivésedes cabelo... Que levaríades vos na cabeza??? 
A pensarrrrr!!! Pero recordade que non vale repetir as ideas de Nicomedes, pensade outras diferentes que de seguro serán mellores cas súas e podedes plasmalas nun debuxo para compartilas cas profes.

 https://www.youtube.com/watch?v=oIpJukZQRG0
Recordámosvos que non olvides xuntar os tapóns das botellas para poder facer a actividade de plástica do xoves.

MAÑÁ ESPERÁMOVOS AQUÍ!!!

viernes, 22 de mayo de 2020

O RETO DAS LETRAS GALEGAS

O reto das Letras Galegas foi todo un éxito!!! 
Aquí tedes o resultado do voso traballo e ilusión.
 Graciñas ás Familias pola vosa colaboración pois sin ela, isto non sería posible.














O RETO DAS LG EN MOVEMENTO

GAEL


LAURA


JULEN

GAEL


AROA



MARTÍN


CARLA



SARA

jueves, 21 de mayo de 2020

3 ANOS

Boas nenos e nenas!!!

Xa queda menos para rematar a semana. Hoxe tedes que acabar de facer as raias da abelliña e logo decorar o fondo con círculos pequenos de moitas cores. Veña que seguro vos quedará moi chulo.




A receita de hoxe trátase dun simpático ourizo moi doado de facer con pera e uvas. Podedes darlle o voso toque persoal se o desexades. Ánimo e esperamos ver os vosos ourizos en canto os teñades!






 
ATA O LUNS!!!

4 ANOS

Que tal? Como imos? 

Veña que xa é venres e toca descansar. Como xa estamos metidos na investigación de como se fai o mel, para hoxe traémosvos uns pequenos xogos de detectives. Parecen moi sinxeliños, pero ide con coidado. No primeiro, temos que atopar a tódalas abellas raíña que atopemos, e despois contádeos.



No segundo, temos que atopar a abella obreira que é igualiña. Mirade ben, sacade a vosa lupa que vos vai face falla. Moito ánimo pequerrechos.


A receita de hoxe trátase dun simpático ourizo moi doado de facer con pera e uvas. Podedes darlle o voso toque persoal se o desexades. Ánimo e esperamos ver os vosos ourizos en canto os teñades!





 
ESPERÁMOSVOS O LUNS.



5 ANOS

Xa estamos a venres e que toca os venres???
Siii, RECEITAAA.
Pero primeiro imos traballar un pouco.

PROPOSTA 1: 

Na primeira ficha imos recortar os números da segunda folla e a completar a secuencia numérica. E na segunda imos contar as abellas que hai e repasar só o número correspondente.


 


 PROPOSTA 2: 

A receita de hoxe trátase dun simpático ourizo moi doado de facer con pera e uvas. Podedes darlle o voso toque persoal se o desexades. Ánimo e esperamos ver os vosos ourizos en canto os teñades!






 
QUE PASEDES UNHA BOA
FIN DE SEMANA!!!



miércoles, 20 de mayo de 2020

3 ANOS


Loloooo!!! Deixame un pouco de polen, porfa!!!
Lolo e máis eu estamos enriba do polen dunhas flores moi fermosas. Recordades como se chaman?
Se queredes podedes debuxar unha flor e enviarlla a Sonia e Belén.




Esperade que aínda podedes traballar un chisquiño máis, aí vos vai unha adiviña:

"VOY CON MI CASA AL HOMBRO,
ANDO SIN TENER PATAS
Y VOY MARCANDO MI HUELLA
CON UN HILITO DE PLATA" 

Seguro que xa adivináchedes que se trata do caracol. Aquí vos deixamos un que podedes facer. Seguro que vos quedan chulísimosss.


















Antes de depedirnos un AVISO IMPORTANTE: o vindeiro xoves en plástica vos amosaremos unha serie de xogos feitos con tapóns de botellas así que podedes comezar a xuntar cantos máis mellor dende hoxe.
DEICA LOGO!!!