lunes, 1 de junio de 2020

SUPER RETO DE ARTE PARA TODOSSS

Como imos pequerrechos e pequerrechas?!
A partir de agora os martes van a ser días moi artísticos!

Hoxe traémosvos un reto moi divertido: 
IMITAR OBRAS DE ARTE.
E en que consiste este reto? 
*Escoller un cadro que vos guste.
*Empregar  cousiñas que teñades por casa para recrear do xeito máis parecido posible a escea que representa dito cadro.
*Na imaxe ten que aparecer o título do cadro orixinal e o nome do autor/a. E na vosa versión o título que vos elixides e o voso nome e apelidos.
*Pór en marcha a vosa imaxinación, creatividade, inxenio e unha pizca de humor.
*Animar a participar a vosa familia.

Aquí vos deixamos algúns enlaces de museos e galerías de arte por se queredes inspiraros ou coller ideas. 





LOUVRE - PARÍS
 
O resultado sería algo así pero nos vos esquezades dos datos que dixemos antes, nome da obra de arte e do autor/a e da vosa creación co voso nome e apelidos.




                   







Unha vez os teñades podedes envialos as vosas titoras para ver o resultado e despois faremos aquí unha exposición virtual das vosas obras. 

A POR ESTE RETO ARTISTAS!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario