lunes, 8 de junio de 2020

MARTES ARTÍSTICO

Bos días pequerrechos!
Como vai o reto de arte da semana pasada?! Xa nos chegaron algunhas versións dos vosos cadros e están espectacularesss. Esta semana podedes enviarnos máis ata o xoves e así a partir do venres xa poderedes visitar o noso museo virtual do Canicouva. 👀

E agora sí, chegou o día máis artístico!!! Despois de ver as vosas recreacións, hoxe ides poder deixar voar a vosa imaxinación máis ca nunca. Se a semana pasada erades vós e as vosas familias os protagonistas, para a semana o reto será representar algún cadro con cousas ou obxectos que teñamos por casa: comida, utensilios, menaxe, lixo, mobles, material de refugallo ou reciclaxe... o que se vos ocorra. E podedes poñerlle o voso propio título!






Veña!!! Animádevos a facelo e a enviarnos os vosos cadros, que así poderemos facer unha exposición virtual.

MAÑÁ MÁIS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario