lunes, 18 de mayo de 2020

OS MAIOS

A proposta de hoxe é para os 3 niveis e como cada luns toca conto. O elixido é  "DESAYUNO DE PRIMAVERA" relacionado coa estación na que estamos

https://www.youtube.com/watch?v=gAc-BvadoLQ&t=204s
Este ano a chegada da primavera pillounos na casa pero como xa podemos saír un chisquiño agora podemos gozala de moitos xeitos. A nosa primeira proposta consiste en facer un MAIO e consta de dúas partes:

* OBSERVACIÓN 
A través da natureza no noso entorno máis próximo, cando salgamos debemos activar os nosos sentidos e gozar dos cheiros agradables das flores, das súas cores ou das súas texturas.
Podemos sacarlles fotos, collelas ou debuxalas ao chegar a casa. E se nos interesa saber o seu nome botarémoslle un ollo á guía virtual  que aquí vos deixamos ou consultaremos algún libro de flores que xa teñamos. Tamén podemos xuntar funchos, pampullos, cocas, laranxas, ovos baleiros e decorados, cadeas de flores...



https://www.flickr.com/photos/teresalaloba/albums/72157626288877685/


* ELABORACIÓN

Unha vez recompilados os materiais precisos xa podemos facer o noso maio. Pode ser sobre un debuxo en papel ou cartón, facendo un cono cun folio ou cartolina, unha estrutura de cortizas, un vaso boca abaixo... e xa podemos decoralo con todas as nosas cousiñas recollidas ou feitas por nós. Aquí vos deixamos algunhas ideas pero de seguro que as vosas serán moito mellores.

   A polo maio florido campións e campionas!!!






 

















A outra proposta é facer unha coroa, diadema, colar ou pulseira de flores. Tamén a podedes elaborar con flores naturais ou feitas por vós. Aí van algunhas suxerencias.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario