lunes, 11 de mayo de 2020

4 ANOS

Que tal pequerrechos!!!
Preparados para o SUPER RETO!! Pois agardade un intre que xa vos contamos. Primeiro imos traballar a vestimenta dun señor que vimos o outro día. Lembrades?? Si, o que coidaba das abellas, das colmeas e recollía o mel. Sabedes quen é? Siiii: o apicultor. Pois agora mirade cantas cousas ten que levar...


 

Agora deixámosvos a primeira pista de cara o venres. Está neste conto "A VACA QUE PUXO UN OVO".

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps

Que tal ? Gustouvos? Seguro que sí. Pois o primeiriño que necesitamos para o venres é... UN COLGANTE DE VACA!!!! Sí, escoitáchedes ben. Non podemos contar máis. Mañá outro chisquiño. Deixámosvos un modelo pero podedes facer outro, e podedes empregar fío, lá, cordel... o que queirades. Tamén podedes facelo de papiroflexia, aquí vos deixamos como premendo na imaxe. E non esquezades gardalo. Cada día iremos facendo unha cousiña. E todas xuntas levarannos á sorpresa final.



https://www.youtube.com/watch?v=PR2NpmkPYNI&list=PLPo5eKeN4wF5qwFCupz9sCvu6C6bahvOK&index=21
         Clica na imaxe.       







No hay comentarios:

Publicar un comentario