miércoles, 13 de mayo de 2020

3 ANOS

Boas rapazadaaa!!!!
Como quedaron os lagartos decorados, seguro que chulísimos. Pois imos a pola seguinte proposta, pouquiño a pouco contades os elementos de cada grupo e rodeades a grafía do número correspondente,despois repasades todos os números punteados e finalmente se vos quedan ganas podedes colorear os debuxos como máis vos gusten. Ánimo que xa non queda nada para a sorpresa desta semana.




Pequerrechos!!! Cuarta pista!!! Temos un colgante de vaca, un adorno de flor, un lagarto e hoxe... necesitamos unha saia para pegar o lagarto!!! Siiii. Unha saia!!! As profes non están tolas. Podedes facer a saia como queirades, con bolsa, con papel, xornais, tea, un disfraz, reciclada... 
E deste xeito xa o teremos todo!!! Así que mañá vos esperamos a todos/as para desvelar o SUPER RETO co colgante de vaca, coa flor e coa saia co lagarto. Porque o reto témolo que facer disfrazados con todas esas cousas. E xa veredes que sorpresa!!!
ATA MAÑÁ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario