martes, 19 de mayo de 2020

3 ANOS


Como estamos hoxe???
Seguro que xa escoitáchedes a proposta do profe Moisés, quere facer un super vídeo de psicomotricidade na casa así que animádevos e enviarlle moitas fotiños como bos desportistas que sodes 💪.  
 
Hoxe imos a traballar o círculo, primeiro buscade cousiñas que teñades por casa con esa forma como por exemplo: moedas, galletas, pezas de xoguete...e comprobade mediante a exploración como son e finalmente facede a ficha repasando os círculos empezando por onde indica a flecha e a continuación comprobade que facendo moitos círculos podedes crear flores. 


Ata mañá!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario