domingo, 24 de mayo de 2020

3 ANOS

Ola rapaces e rapazas!!!

Xa rematou a fin de semana.
Sguriño que estivestes no parque.
Susa e Lolo tamén estiveron no parque recolectando graos de polen para levar a súa colmea. 
Na primavera e no verán teñen que xuntar moito polen das margaridas, rosas, caraveles, xazmíns... para facer o mel.
Como vedes Lolo e Susa son dúas abellas obreiras super traballadoras.




Hoxe é día de conto e traémosvos "NICOMEDES O PELADO" de Pinto e Chinto . Despois de escoitalo podedes intentar levar a cabo o reto que vos propoñemos: 
Se non tivésedes cabelo... Que levaríades vos na cabeza??? 
A pensarrrrr!!! Pero recordade que non vale repetir as ideas de Nicomedes, pensade outras diferentes que de seguro serán mellores cas súas e podedes plasmalas nun debuxo para compartilas cas profes.

 https://www.youtube.com/watch?v=oIpJukZQRG0
Recordámosvos que non olvides xuntar os tapóns das botellas para poder facer a actividade de plástica do xoves.
 Chaoooo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario