miércoles, 6 de mayo de 2020

4 ANOS

Olaa!!! Que tal?? 
Como saíron esas torres de papel hixiénico?? Seguro que superben porque o reto foi moi divertido. Exa non digamos o baile 😂😂
Pois agora tócanos traballar. Onte xa vimos onde vivían as abellas, en colmeas. E agora imos ver o que hai dentro delas: os panais, lugar onde as abellas fan o mel. Estes panais compóñense de moitos hexágonos, unha figura que ten 6 lados.



   
E para ir memorizando esta figura, imos debuxala unindo os puntiños. E non olvidedes de enchelos segundo a pauta marcada. 




"DEBUXOS MÁXICOS"
E agora unha actividade moi divertida e algo máxica... Estades preparados/as??? Pois comezamos!!! 

Precisamos:
* Papel de cociña
* Unhas tesoiras
* Rotus
* Un recipiente con auga

Collemos un anaco de papel de cociña, dobrámolo ao longo e cortámolo, conseguindo así dúas tiras. Collemos unha das dúas tiras e resarvamos a outra para repetir despois.   Dobrámola a modo de libriño. Agora pintamos o que queiramos na primeira capa e rematamos o noso debuxo na seguinte. Ou se nunha facemos calquer debuxo que queiramos, na outra facemos o mesmo debuxo pero coloreado. Unha vez que o teñamos listo o botamos á auga para ver que acontece... A experimentar!!!
Por se non vos quedou claro, botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario