lunes, 4 de mayo de 2020

5 ANOS

Ola pequerrechos/as!!!
Que tal o pasastes estes días? De seguro que xa saistes un chisco de paseo e xa tedes as pilas cargadas para comezar unha nova semana chea de propostas e cousas bonitas. Alá imos!!!


PROPOSTA 1:

Hoxe imos facer unha simetría. E que será iso??? Pois consiste en completar a outra metade da abella intentando facer o mellor que podamos a  mesma correspondencia de forma, tamaño e posición. Fixarvos ben e non teñades présa. Se o facedes a modiño vos sairá fenomenal. Despois coloreade a abella completa e escribide dereita ou esquerda segundo corresponda.




E agora un pouco de grafomotricidade. Ademais de resolver unha suma moi sinxela tedes que repasar os puntiños das flores con puntiños de rotu pero sen facer trampas, facendo as reviravoltas ou bucles que teñen. A ver que bonitas vos quedan.





PROPOSTA 2:


Esta semana vos deixamos un novo conto e un novo reto. 
O conto: LEOTOLDA. Xa sabedes que coma sempre podedes facer un montón de cousas con el: pintar o que máis vos gustou, escribir o título, cambiarlle o final á historia,  representar o conto ós vosos familiares ou bonecas, disfrazarvos... en fin o que se vos ocorra.

https://www.youtube.com/watch?v=_RucQu_7b00&t=9s
 Fai clic na imaxe para ver o conto 

O reto: debuxar a LEOTOLDA!!!! Así que esperamos as vosas propostas. Seguro que nos chegan cousas espectaculares. E podedes empregar os materiais que queirades. E a segunda parte do reto é escribir unha palabra que comece por todas as letras que ten Leotolda, é dicir, unha palabra que comece por L, outra por E, outra por O... así ata chegar o A. E xa sabedes, se queredes compartilo cas profes, non dubidedes en facérnolo chegar.

MAÑÁ MOITAS MÁIS COUSIÑAS





No hay comentarios:

Publicar un comentario