domingo, 10 de mayo de 2020

5 ANOS

BENVIDOS/AS Á SEMANA DAS LETRAS GALEGAS!!!


PROPOSTA 1:
Antes de comezar coa misteriosa semana das Letras Galegas, vos propoñemos traballar un pouquiño pois resulta que esta abella vai na procura de polen e para iso ten que percorrer un labirinto. Axudádelles a chegar ata a flor? Despois imos escribir unhas palabriñas moi sinxelas en maiúsculas ou minúsculas, como prefirades.



PROPOSTA 2:
Agora deixámosvos a primeira pista de cara o venres. Está neste conto "A VACA QUE PUXO UN OVO".

https://www.youtube.com/watch?v=qhVefk9RKps




Que tal ? Gustouvos? Seguro que sí. Pois o primeiriño que necesitamos para o venres é... UN COLGANTE DE VACA!!!! Sí, escoitáchedes ben. Non podemos contar máis. Mañá outro chisquiño. Deixámosvos un modelo pero podedes facer outro, e podedes empregar fío, lá, cordel... o que queirades. Tamén podedes facelo de papiroflexia, aquí vos deixamos como premendo na imaxe. E non esquezades gardalo. Cada día iremos facendo unha cousiña. E todas xuntas levarannos á sorpresa final.




https://www.youtube.com/watch?v=PR2NpmkPYNI&list=PLPo5eKeN4wF5qwFCupz9sCvu6C6bahvOK&index=21

  Clica na imaxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario