lunes, 25 de mayo de 2020

4 ANOS

Olaaa!!
Hoxe traémosvos varias cousiñas. Son moi sixeliñas. E xa veredes que rápido rematades. A primeira son unhas abelliñas un pouco raras... están desexando saír ó sol e mirade que caminiños fan. Menos mal que levan as súas gafas...



Como segundo xogo, traémosvos unhas figuras xeométricas que seguramente saberedes... aínda así imos repasalas. Non esquezades escribir o seu nome e... o círculo podédelo encher puntos, o cadrado de estrelas, o triángulo de raias verticais e horizontais e o rectángulo... do que queirades!!!



E para rematar, se aínda queredes xogar un pouquichiño máis, aí vos deixamos un pequeno xogo para cnstruír as vosas figuras. Tan só precisades escarvadentes e unha pouca plasti, mirade que fácil é.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario