lunes, 11 de mayo de 2020

5 ANOS

A polo martes!!!

Como saíron esos colagantes vacunos?! Hoxe temos outra pista pero primeiro imos a pola primeira proposta do día.

PROPOSTA 1:
Os martes son días de grafomotricidade así que imos darlle un chisquiño de movemento ao noso dedo índice repasando estas abellas e flores. Despois farémolo con lapis e por último con rotulador para que se note que estamos na primavera.




 PROPOSTA 2:
Agora sí. Estades preparados/as??? Xa temos un colgante de vaca verdade, pois agora necesitamos UNHA FLOR!!! Podédela facer para pór na cabeza, na man... E aquí vos deixamos algúns modelos. Non esquezades gardala!!! 

https://www.youtube.com/watch?v=wuqLIC6nYVYhttps://www.youtube.com/watch?v=zp1z9yFy1rA




Se clicades nas imaxes veredes algunhas ideas de como facer flores pero podedes cambiar os materiais. Por exemplo, sustituir o arame por unha palliña de beber. E tamén podedes facer outros modelos diferentes.
  Mañá viremos con máis pistas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario