miércoles, 13 de mayo de 2020

5 ANOS

Que tal Equipos como foi ese lagarto durmiñón?

Estamos desexando ver os vosos lagartos decorados. E coa pista que vén despois de seguro que xa resolveredes este misterio tan misterioso...

PROPOSTA 1:
Toca lóxica-matemática e para resolvela primeiro podemos repasar a serie numérica e fixarnos moi ben en que número vai antes e cal vai despois. A por ela!





PROPOSTA 2:
Pequerrechos!!! Cuarta pista!!! Temos un colgante de vaca, un adorno de flor, un lagarto e hoxe... necesitamos unha saia para pegar o lagarto!!! Siiii. Unha saia!!! As profes non están tolas. Podedes facer a saia como queirades, con bolsa, con papel, xornais, tea, un disfraz, reciclada... 
E deste xeito xa o teremos todo!!! Así que mañá vos esperamos a todos/as para desvelar o SUPER RETO co colgante de vaca, coa flor e coa saia co lagarto. Porque o reto témolo que facer disfrazados con todas esas cousas. E xa veredes que sorpresa!!!


 
DEICA MAÑÁ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario