martes, 5 de mayo de 2020

5 ANOS

Que hai de novo amigos/as?
Como saíron esas simetrías? Seguro que vos quedaron moi chulas!

PROPOSTA 1:
Hoxe imos falar dun tema non demasiado agradable: as picaduras. Xa limos en moitos libros que as abellas poden picarnos para defenderse si se sinten ameazadas. Por iso é fundamental que non as molestemos para que elas tampouco  nos molesten a nós. Pero o que seguro que non sabedes é para que serve o veleno das abellas nin cantas picaduras serían precisas para que alguén morrese por este motivo. A continuación podedes averiagualo.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=17&v=9N7Mgyzv8IM&feature=emb_logo
Clic na imaxe

E agora que xa sabemos un pouquiño máis sobre as picaduras das abellas, propoñémosvos que vos inventedes a historia dunha abella que nos pica ou que nos quere picar... Que pasará? Como reaccionaríamos ante esa situación? Como o poderiamos tentar evitar? A ver que discorren esas caholiñas!




Toca concentración. Xa o estades??? Pois a buscar as flores que son iguais ao modelo. Pista: hai 4.



PROPOSTA 2:
Para rematar, lede esta conversación: 
- PROFES: Que día é hoxe??? 
- NENOS/AS:  Mércores!!! 
- PROFES: E que pasa os mércores?! 
- NENOS/AS: Pois que no blogue do profe Moisés nos espera unha súper sorpresa??? 
- PROFES: Sííí, a por ela!!!
  
 ESPERÁMOSVOS AQUÍ MAÑÁ CAMPIÓNS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario