lunes, 18 de mayo de 2020

5 ANOS

OLA NENOS E NENAS!!!

Xa nos están chegando fotiños dos maios e vos están quedando chulísimos.

PROPOSTA 1:
A primeira proposta de hoxe consiste en buscar, entre unhas abellas moi bailongas e coquetas, as que son iguais. Tedes que prestar moita atención aos adornos que levan e unilas formando parellas pero hai unha que baila soa e teredes que atrapala.


 PROPOSTA 2:
Agora un pouquiño de grafo acompañando ás abellas ata as flores. Primeiro tedes que repasar co voso índice, despois con lapis e por último con rotulador. A continuación debedes facer eses mesmos caminiños vós sós, a modiño seguro que vos saen fenomenal.

VÉMONOS AQUÍ MAÑÁ!

No hay comentarios:

Publicar un comentario