domingo, 24 de mayo de 2020

4 ANOS

Que tal rapazada???
 
Menuda fin de semana!!! Pois como supoño que colleriades forzas... estades preparados para traballar???
Pois hoxe imos continuar co que estabamos a estudar a semana pasada: o proceso do mel. Xa sabemos que as abellas  collen o polen das flores, que o levan á colmea e hoxe... imos ver como o depositan nos panais.




Hoxe é día de conto e traémosvos "NICOMEDES O PELADO" de Pinto e Chinto . Despois de escoitalo podedes intentar levar a cabo o reto que vos propoñemos: 
Se non tivésedes cabelo... Que levaríades vos na cabeza??? 
A pensarrrrr!!! Pero recordade que non vale repetir as ideas de Nicomedes, pensade outras diferentes que de seguro serán mellores cas súas e podedes plasmalas nun debuxo para compartilas cas profes.

 https://www.youtube.com/watch?v=oIpJukZQRG0

Recordámosvos que non olvides xuntar os tapóns das botellas para poder facer a actividade de plástica do xoves.

No hay comentarios:

Publicar un comentario