martes, 12 de mayo de 2020

3 ANOS

Estou moooooi contenta!!!
Revoloteando polo parque de Castrelos, moi cerquiña do estanque da rá, atopei unhas flores de pétalos de cor blanca, cuns grauciños amarelos no medio e medio. Cando as vin, lanceime sobre elas como se fose un raio. Se darme conta, tiña todo o corpo, as patiñas e as ás de cor amarela e alí atopeime co meu amigo Lolo.
Que ben o pasamos!!!
Sabrías decirme como se chaman esas flores???
Seguriño que o acertas.




Agora a pola TERCEIRA PISTA!!!!! Xa temos un colgante, un adorno de flor, e hoxe necesitamos... que visitedes o blogue do profe Moisés porque alí atoparedes a nova pista.
......................................................................................................

Xa sabedes cal é a pista de hoxe???
Pois siii, un LAGARTOOO. Aquí vos deixamos este modelo que podedes decorar como queirades. E non esquezades gardalo, que mañá o necesitaremos para a seguinte pista. Xa vos imaxinades algo??? Non podemos contar nada. Así que pensade: vacas, flores, lagartos...




Aquí vos deixamos algunha idea de como decoralo pero xa sabedes que podedes facelo como queirades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario