miércoles, 6 de mayo de 2020

5 ANOS

A polo xoves!
Que tal vos foi onte o reto do profe Moisés?! Seguro que esas torres de rolos de papel hixiénico parecían rañaceos!!!

PROPOSTA 1:
Imos traballar un chisquiño. Recordades as partes das flores? Pois hoxe as imos buscar nunhas palabras cruzadas e así as recordamos para no esquecelas. A ver que tal resolvedes esta encrucillada!


PROPOSTA 2: "DEBUXOS MÁXICOS"
A primeira proposta de hoxe foi moi doada para que teñades tempo de facer a seguinte que é moi divertida e algo máxica... Estades preparados/as??? Pois comezamos!!! 

Precisamos:
* Papel de cociña
* Unhas tesoiras
* Rotus
* Un recipiente con auga

Collemos un anaco de papel de cociña, dobrámolo ao longo e cortámolo, conseguindo así dúas tiras. Collemos unha das dúas tiras e resarvamos a outra para repetir despois.   Dobrámola a modo de libriño. Agora pintamos o que queiramos na primeira capa e rematamos o noso debuxo na seguinte. Ou se nunha facemos calquer debuxo que queiramos, na outra facemos o mesmo debuxo pero coloreado. Unha vez que o teñamos listo o botamos á auga para ver que acontece... A experimentar!!!
Por se non vos quedou claro, botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=J47j2E7jGwA


No hay comentarios:

Publicar un comentario