jueves, 28 de mayo de 2020

5 ANOS

Chegou o venres!!!
Rematamos a semana e con ela finalizamos o noso proxecto das Abellas. Agardamos que aprendésedes moitas cousiñas sobre elas e que recordásedes outras que xa sabiades. Aquí seguiremos con máis propostas, non deixedes de visitarnos.

PROPOSTA 1:
Traémosvos unhas abella á que lle falta algunha parte do seu corpo, e de seguro que enseguida saberedes de que se trata. Para porlle remedio teredes que unir os números ordenadamente dende o 1 ata o 34. Estade ben atentos/as e nos vos deixedes ningún atrás. Despois podedes decorar o fondo como unha festa de despedida con globos, serpentinas, máis abelliñas,  flores, estrelas... a ver que se vos ocorre!



E para rematar interésanos moito saber que foi o que máis vos gustou de todo o que aprendestes estas semanas sobre as nosas amiguiñas as abellas. Podedes escribilo ou debuxalo e como sempre encataranos recibilo.




PROPOSTA 2:
Os venres son días de cociña así que a lavar as mans e alá imos! Hoxe a cousa vai de música... a saboreala con moito ritmo.















 Agardámosvos o luns!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario