martes, 12 de mayo de 2020

4 ANOS

Veña!!!! Que xa estamos cada vez máis preto do venres!!! E polo tanto da sorpresa... E xa sabemos que toca psico, pero mirade tan só temos que agrupar a estas abellas de 4 en 4. Podedes practicar primeiro con macarróns, fabas, garavanzos... o que vexades.



E despois...TERCEIRA PISTA!!!!! Xa temos un colgante, un adorno de flor, e hoxe necesitamos... que visitedes o blogue do profe Moisés porque alí atoparedes a nova pista.
......................................................................................................

Xa sabedes cal é a pista de hoxe???
Pois siii, un LAGARTOOO. Aquí vos deixamos este modelo que podedes decorar como queirades. E non esquezades gardalo, que mañá o necesitaremos para a seguinte pista. Xa vos imaxinades algo??? Non podemos contar nada. Así que pensade: vacas, flores, lagartos...




Aquí vos deixamos algunha idea de como decoralo pero xa sabedes que podedes facelo como queirades.




No hay comentarios:

Publicar un comentario