lunes, 4 de mayo de 2020

3 ANOS

Ola de novo!!!
Cal será, será!!!
Lembrade que a abella Susa díxonos que na súa colmea viven tres clases de abellas e que a máis importante, é longa, delgada e bela raíña.
Atopástela? Non sí?
Fenomenaaaal!!!!!

 
Hoxe é moi sinxeliña a ficha de grafomotricidade... Sólo tedes que repasar as raias das abelliñas, pero moi dereitiñas. Ah, non vos olvidedes de repasalas con rotu tamén.




Esta semana vos deixamos un novo conto e un novo reto. 
O conto: LEOTOLDA. Xa sabedes que coma sempre podedes facer un montón de cousas con el: pintar o que máis vos gustou, escribir o título, cambiarlle o final á historia,  representar o conto ós vosos familiares ou bonecas, disfrazarvos... en fin o que se vos ocorra.

https://www.youtube.com/watch?v=_RucQu_7b00&t=9s


E para rematar témosvos un novo reto. Siii. Outro. Bueno, dous... Tedes que debuxar a LEOTOLDA!!!! Así que esperamos as vosas propostas. Seguro que nos chegan cousas espectaculares. E podedes empregar os materiais que queirades. E a segunda parte do reto é escribir unha palabra que comece por todas as letras que ten Leotolda, é dicir, unha palabra que comece por L, outra por E, outra por O...así ata chegar o A. E xa sabedes, se queredes compartilo cas profes, non dubidedes en facérnolo chegar.

Ata mañá!!!






No hay comentarios:

Publicar un comentario