lunes, 4 de mayo de 2020

4 ANOS

Que tal pequerrech@s??

Cantos días sen traballar con cousas do cole??? Non??? Gustouvos a sorpresa? As profes do cole queríamos agradecervos todo o que estades a facer na casa, que é moitísimo. E se aínda non a vistes, veña correde a vela e despois poñémonos a traballar.
Gustouvos?? Seguro que sí. Pois agora toca seguir bailando un pouco. Temos unhas abellas un pouco tolas e andan algo mareadas, así que temos que axudalas a que bailen ata a súa flor. Lembrade repasar con lapis e despois rotu. Cada danza con rotu, para poder ver eses bailes moi ben.



E aquí vos deixamos un novo conto: LEOTOLDA. Xa sabedes, podedes facer un montón de cousas: pintar o que máis vos gustou, escribir o título, cambiarlle o final á historia,   representar o conto ós vosos familiares ou bonecas, disfrazaros... en fin o que se vos ocorra.

https://www.youtube.com/watch?v=_RucQu_7b00
Fai clic na imaxe para ver o conto 


E para rematar témosvos un novo reto. Siii. Outro. Bueno, dous... Tedes que debuxar a LEOTOLDA!!!! Así que esperamos as vosas propostas. Seguro que nos chegan cousas espectaculares. E podedes empregar os materiais que queirades. E a segunda parte do reto é escribir unha palabra que comece por todas as letras que ten Leotolda, é dicir, unha palabra que comece por L, outra por E, outra por O...así ata chegar o A. E xa sabedes, se queredes compartilo cas profes, non dubidedes en facérnolo chegar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario