miércoles, 6 de mayo de 2020

3 ANOS

Ola peques:
Como vedes, as abellas e as persoas non somos iguais.
Eu , Susa, son unha abella que pertenzo á familia dos insectos e vós non.
Necesito ás para voar e antenas para orientarme.
Vós tendes pernas e pés para camiñar, correr e saltar.
Se queredes podedes enviarelles a Sonia e a Belén un debuxo de como estades de altos/as.
Parecévos ben??




"DEBUXOS MÁXICOS"
E agora unha actividade moi divertida e algo máxica... Estades preparados/as??? Pois comezamos!!! 

Precisamos:
* Papel de cociña
* Unhas tesoiras
* Rotus
* Un recipiente con auga

Collemos un anaco de papel de cociña, dobrámolo ao longo e cortámolo, conseguindo así dúas tiras. Collemos unha das dúas tiras e resarvamos a outra para repetir despois.   Dobrámola a modo de libriño. Agora pintamos o que queiramos na primeira capa e rematamos o noso debuxo na seguinte. Ou se nunha facemos calquer debuxo que queiramos, na outra facemos o mesmo debuxo pero coloreado. Unha vez que o teñamos listo o botamos á auga para ver que acontece... A experimentar!!!
Por se non vos quedou claro, botádelle un ollo ao seguinte vídeo.

https://www.youtube.com/watch?v=J47j2E7jGwA

No hay comentarios:

Publicar un comentario