jueves, 28 de mayo de 2020

3 ANOS

Pepe, o apicultor

Rematamos a semana e con ela finalizamos o noso proxecto das Abellas. Agardamos que aprendésedes moitas cousiñas sobre elas e que recordásedes outras que xa sabiades. Aquí seguiremos con máis propostas, non deixedes de visitarnos.  

Pepe pasa a revisar as colmeas, ten que vestir un traxe especial para que non o piquen as abellas. O seu oficio é de apicultor.
Atopa a colmea de Susa e de Lolo cheíííííña de rico mel.
De cada panal vai recollendo o mel nuns cubos para logo repartilo en pequenos envases de cristal.
Sabedes unha cousa??
O mel é moi bo para axudar a curar os catarros e ten mooooitas vitaminas.
A mín gústame moito. E a tí?
Anímate a probalo!!!




Os venres son días de cociña así que a lavar as mans e alá imos! Hoxe a cousa vai de música... a saboreala con moito ritmo.
















No hay comentarios:

Publicar un comentario