domingo, 19 de abril de 2020

5 ANOS

Ola de novo a todos/as! 
Imos a por outra semana?!

PROPOSTA 1:

Nas colonias de abellas existen diferentes membros e hoxe vos invitamos a coñecelos aínda que xa vos soarán. Se vos dicimos que traballa moito será a abella... Se pola contra, falamos da que rasca a barriga e fecunda á abella raíña para que poña os ovos é o... E se agora a pista é que manda na colmea e pon unha media de 2000 ovos ao día trátase da abella...  EXACTO!!!  
Pois a seguinte ficha estará chupada para vós, a por ela!



Agora sí que vos imos a sorprender, a que non sabiades que as abellas tamén bailan? Pois sí,  fan 2 tipos de danzas dependendo de se as flores que buscan están cerca ou lonxe. E cada unha ten o seu nome correspondente, circular se a floración está cerca e octana se non.



 PROPOSTA 2:

Agora podedes buscar no Symbaloo algunha canción de abellas como a de "Zun Zun" ou "As abellas de papel" e bailalas libremente. Despois por detrás desta ficha podedes debuxarvos bailando e xa veredes que guapos/as quedades!

ACTIVIDADE EXTRA
Como é luns e aínda temos moita enerxía, deixámosvos un pequeno traballo de investigación que como todo o que aquí expoñemos, é voluntario, pero se vos animades dispoñedes de toda a semana para facelo. Podedes buscar o cadro A DANZA de Mattise que xa vimos no cole, recordades? Fixádevos moi ben nel: en cantas persoas hai, como están colocados, que están facendo, que cores emprega o pintor... Despois gustaríanos que recollerades nun folio toda esta información e a que se vos ocorra a través dun debuxo ou escribindo.  Cando o teñades, se queredes, podedes ensinárnolo facéndonolo chegar do mesmo xeito que fixemos ca foto do Día do Libro, a través do TokApp.

DEICA MAÑÁ PEQUES!!!


1 comentario: