jueves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO

Aí vai unha preguntiña, a ver se sabedes que día é hoxe... 23... de abril... Día do Libro!!! E para celebralo imos ver ou ler o conto "POR CUATRO ESQUINITAS DE NADA" que moitos de vós xa coñecedes. Despois de lelo e reflexionar sobre a mensaxe tan especial deste relato, pensando en que lle acontece a Cuadradito e como se resolve o dilema que se lle presenta, vos propoñemos facer unha representación do conto como se vos ocorra. Pode ser a través dun debuxo con diferentes materiais, recortando as formas ou poñendo obxectos que teñades na casa; pode ser un mural grande nun cartón e tapas coas formas dos protagonistas; podedes contalo vós ao voso xeito e propoñer diferentes solucións ao problema de Cuadradito; tamén podedes facer unha dramatización da historia coa colaboración da vosa familia e se contades con eles, tamén lle podedes pedir axuda para representar as formas que saen no conto cos vosos propios corpos ou con distintas partes do mesmo... Veña agudizade o inxenio!!! E xa sabedes que todo o que fagades é válido porque o importante son as gañas que lle poñades e se queredes compartilo con nós, estaremos encantadas de recibilo.

ENLACE VÍDEO


PDF

E como hoxe non deixa de ser un día especial, aquí vos deixamos uns modelos de posibles marcapáxinas.


Para imprimir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario