miércoles, 29 de abril de 2020

5 ANOS

Como ides EQUIPOS A e B?!
Igual un pouquiño cansos porque é xoves pero como ven unha fin de semana longaaa, xa podedes descansar.

PROPOSTA 1:

Para hoxe temos unha ficha de lóxica-matemática que de seguro vos vai resultar moi doada. Lede o que tedes que facer e a por ela!




E agora un repasiño de todas aquelas palabras novas do mundo das abellas que levamos aprendidas, fagamos reconto: mel, polen, abella, panal, néctar, colmea, apicultor/a, polinización... Pois resulta que tedes que buscar todas estas palabriñas nunha sopa de letras. A ver se o conseguides! Xa nos contaredes!



PROPOSTA 2:

Na segunda proposta vos propoñemos unha bonita e colorida manualidade. Podedes facer estas abelliñas con cartolina ou folio de cor ou empregar un folio branco e pintalo. En canto as flores son moi parecidas ás papoulas do outro día así que xa sodes uns expertos/as ou podedes cambialas por outras diferentes que queirades.  Engadirlle tamén unhas nubes de algondón, estampadas, debuxadas e recheas con virutiñas de sacapuntas azul ou branco... en fin, sorprendédenos coa vosa creatividade!!!




E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!






Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.


  
Ata o martes, pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario