miércoles, 15 de abril de 2020

5 ANOS



Como seguimos EQUIPOS A e B?! 

Seguro que con gañas de traballar un chisquiño así que imos comezar polo principio: Que apareceu antes o ovo ou a abella?

PROPOSTA 1:

Para sabelo a proposta de hoxe é averiguar como é o ciclo da vida das abellas. Tedes información sobre o tema no Symbaloo que está na páxina principal do blogue facendo clic no Slide Share das Abellas. Tamén podedes consultar contos, libros, revistas ou outros recursos que teñades na vosa casa. A continuación vos propoñemos facer a seguinte ficha  para ver se vos quedou claro o que acabades de averiguar. 
Adianteee e non esquezades intentar ler vos as fichas para saber que hai que facer nelas e practicar así a lectura!



PROPOSTA 2:
Agora para estirar as pernas invitámosvos a visitar o blogue do profe Moisés que tedes na marxe dereita e elixir algunha das actividades tan dinámicas e divertidas que podedes atopar alí.
DEICA  MAÑÁ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario