lunes, 27 de abril de 2020

4 ANOS

Bos días pequenos!!!
Almorzastes ben?? Porque hoxe témosvos pouco traballo. Primeiro imos facer unhas pequenas danzas. Lembrades?? As abellas bailaban. Así que ánimo!! A poñerse a bailar!!


E despois, unha vez que xa bailaron, teñen que volver a súa casiña. Sabedes como se chama?? Colmea. Pero... teñen que regresar de tres en tres. Así que tedes que agrupalas e rodealas. Podedes practicar primeiro con lentellas, macarróns, fabas, garavanzos... e despois mans á obra!! 



E se aínda tedes máis gañas de traballar aí vos deixamos unha pequena manualidade que vos levará un pouquichiño de tempo. Con tapóns e tubos de papel hixiénico. Podedes escoller!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario