martes, 21 de abril de 2020

4 ANOS

Ola!!! Como imos???

Xa queda menos. Xa estamos no medio da semana. Preparados para traballar? Pois hoxe témosvos preparada unha ficha cas partes da flor. E sería interesantísimo que o fixerades como na clase. Podedes decirlle a papá ou mamá que vos axuden. Lembrade, intentade pensar sós. E se vos reulta complicado, decídelle que volas vaian ditando. Non polo seu nome; mellor polo seu son. O fondo podedes enchelo de cadrados. Acordádevos de como se fan!! Unha ele, subo e pecho.


Como quedaron?? Saíron ben ou requetebén??  Pois agora vos deixamos un pequeno laberinto. Seguro que moi sinxelo para vós porque como tedes un carné de investigador...

E agora non vos olvides de ir o blogue do profe Moisés que ten preparado algo espectacular...
 Unha supersorpresa!!! Xa veredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario