martes, 28 de abril de 2020

3 ANOS


Hoxe mércores quero que coñezades a 3 tipos de abellas que viven comigo na colmea.
A máis alongada é a raíña. Encárgase de poñer os ovos dos que van a nacer outras abelliñas.
Os zánganos son os machos da colmea. Son grandes e regordechos.
As obreiras son as máis pequenas. O seu traballo é recolectar o néctar e o polen das flores para facer o mel.
Sabedes que son eu? Eu son unha abella obreira.
Por certo, quen vive contigo na túa casiña?
Porfa!!! Fai un debuxo da túa familia.



E como hoxe é mércores, de seguro que o profe Moisés ten algunha sorpresiña no seu blogue. Animádevos a visitalo!

ATA OUTRO DÍA!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario