jueves, 16 de abril de 2020

4 ANOS

Ola de novo!!!
Que tal saíron esas coroas??? Seguro que preciosas. Lembrades quen levaba onte unha??? Siiiii. A ABELLA RAÍÑA!!! Pois hoxe vos presentamos outro tipo de abella. Os zánganos. Aínda que parece que non fan nada teñen a súa función, que é a de fecundar a abella raíña para que poña os ovos. Pintádeo como queirades e o fondo decoralo con puntiños, e o redor destes, un círculo. Acordádevos, cantos máis cores máis bonito quedará e parecerá unha superfesta.



E onde creedes que se pousarán as abellas? Pois sí. Nas flores. Aquí vos deixamos unha papoula, que podedes colorear e decorar o fondo como queirades, como fixestes na margarida, e se vos atrevedes, unha manualidade para facer. Fixádevos ben que hai tres círculos. Ordenádeos ben!!! Grande, mediano e pequeno. Intentade atopar en casa cousiñas que teñan esa forma. Como material podedes empregar o que teñades pola casa: papel, cartolinas, goma eva...o que se vos antoxe!!! E se queredes que sexa unha auténtica manualidade de maiores, no polen, podedes botarlle un chisco de pegamento e unha pouca de pementa negra. Eso sí, que vos axuden mamá ou papá.



https://www.pinterest.es/pin/465067099012124567/?nic_v1=1aSUnzB5EsAZsMbmVBGkvgO28L9s7789t83e3Wp3AQzxi4b%2F2UGtLr1GuK%2B0y2YNRt


MOITO ÁNIMO E BOA FIN DE SEMANA. 
AGARDÁMOSVOS O LUNS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario