miércoles, 29 de abril de 2020

4 ANOS

Que tal os retos do profe Moisés??

Seguro que xa repuxestes forzas e xa estades preparados para facer algo. Pois hoxe tócanos coñecer as partes dunha abella. Xa a debuxamos de perfil, vista dende arriba, pero agora imos vela un pouco máis preto. Mirade ben cantas partes ten...




E como seguro que aínda non estades cansos, aquí vos deixamos unha manualidade de como facer unha abella moi especial.



E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!


 

Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.



 Ata o martes, pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...

No hay comentarios:

Publicar un comentario