martes, 21 de abril de 2020

5 ANOS

Como imos rapaces?! 
A polas propostas de hoxe!!!

PROPOSTA 1:

Ata o de agora xa coñecimos algunhas cousiñas sobre as abellas: vimos como é a súa vida , que partes ten, qué tipos de abellas hai, sabemos que bailan... pero e onde viven?! Sabédelo??? Pois bingo! E precisamente hoxe imos ver onde viven e como se chaman as "habitacións" dos bebés, onde coidan ás crías. A ver quen o recorda! Escribide as repostas e repasade as celdiñas por dentro con rotuladores de cores diferentes procurando facer a forma que teñen que é de... círculo? cadrado? triángulo? Hexágono!!!


PROPOSTA 2:

E como a palabra hexágono cústanos un chisquiño recordala imos facer outro traballiño para non esquecela. A ver se sodes capaces de identificar cada unha das formas que aquí aparecen incluída a nova. Xa veredes que vistoso resulta este traballiño!




E agora non vos olvides de ir o blogue do profe Moisés que ten preparado algo espectacular... 

Unha supersorpresa!!! Xa veredes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario