domingo, 26 de abril de 2020

3 ANOS

Ola peques!
Que tal de fin de semana?
Seguro que moi ben.
Quero ensinarvos aos meus amiguiños. Gustaríame que fixerades un debuxo dos amiguiños que tendes. Se o facedes enviarllo a Sonia e a Belén.


E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO
 https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A


RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

DEICA LOGOOO!!!


2 comentarios:

  1. Hola, bos días, ¿cómo llo facemos chegar ás profes? Moitas grazas. Un saúdo

    ResponderEliminar
  2. OLA!!!
    Fai días mandóuse a través de ToKApp as contas de correo das profes, si por calquera motivo non vos chegou, por favor a ver si vola poden facilitar a través do grupo de WhatsApp das aulas. Grazas

    ResponderEliminar