domingo, 19 de abril de 2020

3 ANOS

Ola pequerrechos e pequerrechas!
Que tal de finde?
Empezamos unha nova semana con algo sinxeliño. Ides practicar a facer series, xogando con cousiñas que teñades por casa, por ex: garavanzo/macarrón; garfo/culler...
Na fichiña de hoxe tedes que levar a abelliña á súa colmea facendo unha serie de 2 elementos con 2 cores que vos gusten.





Agora podedes buscar no Symbaloo algunha canción de abellas como a de "Zun Zun" ou "As abellas de papel" e bailalas libremente. Despois por detrás desta ficha podedes debuxarvos bailando e xa veredes que guapos/as quedades!

ACTIVIDADE EXTRA
Como é luns e aínda temos moita enerxía, deixámosvos un pequeno traballo de investigación que como todo o que aquí expoñemos, é voluntario,  pero si vos animades dispoñedes de toda a semana para facelo. Podedes buscar o cadro A DANZA de Mattise. Fixádevos moi ben nel: en cantas persoas hai, como están colocados, que están facendo, que cores emprega o pintor... Despois gustaríanos que recollerades nun folio toda esta información e a que se vos ocorra a través dun debuxo ou escribindo.  Cando o teñades, se queredes, podedes ensinárnolo facéndonolo chegar do mesmo xeito que fixemos ca foto do Día do Libro, a través do TokApp.
 Ánimo e a disfrutar!!!

2 comentarios:

  1. Hola, por tokapp no nos deja enviar nada si no hay antes un mensaje y que ponga después responder, si por ejemplo respondimos en el mensaje de leer un libro y mandar foto, ya no podemos mandar el dibujo de la actividad extra

    Gracias

    ResponderEliminar
  2. Sí, por ellos en estos días recibiréis información sobre otro sistema de comunicación con los docentes. Graciñas.
    Equipo de E. Infantil

    ResponderEliminar