jueves, 16 de abril de 2020

3 ANOS

Ola peques!!!
Quero ensinarvos onde vivimos as Abellas. Encántanos a natureza, as árbores, as flores, o seu néctar, o canto dos paxariños, o son do vento...
Vivimos nos bosques, nos xardíns, nos parques...
Alí convivimos con outros bichiños moi bonitos que seguramente atopástedes algunha vez; bolboretas, xoaniñas, libélulas...
Vós, onde vivides???




E agora aquí vai unha fermosa e doada manualidade dunha papoula. Consiste en recortar 3 círculos de diferentes tamaños (pequeno, mediano e grande) e pegalos uns enriba dos outros, do máis pequeno ao máis grande. Podedes facela con folios de cores ou brancos e pintalos, cartolinas, cartóns, feltro... Para facer o polen podedes pegarlle unhas boliñas de papel seda ou de plastilina, uns botóns, uns gomets... O talo podedes debuxalo vos mesmos nun folio e despois pegar a flor ou facelo cunha palliña de beber, cun limpapipas, cun depresor, un churriño de plastilina... Seguro que coa voa imaxinación sairán papoulas fermosisímas!!!

https://www.pinterest.es/pin/465067099012124567/?nic_v1=1aSUnzB5EsAZsMbmVBGkvgO28L9s7789t83e3Wp3AQzxi4b%2F2UGtLr1GuK%2B0y2YNRt

ATA O LUNS!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario