domingo, 26 de abril de 2020

5 ANOS

Ola, ola!!! Aquí estamos de novo!!!

PROPOSTA 1:

A primeira proposta de hoxe achéganos a un personaxe xa coñecido por todos e todas vós. Pista: o profe Moisés disfrazouse así no Entroido. Sííí, de apicultor!!! Como ben sabedes o apicultor/a é a persoa encargada de críar as abellas e de coidalas para que produzan o mel pero para facer este traballo non poden ir vestidos de calqueira xeito, teñen que levar un traxe moi especial para protexerse das picaduras. Imos buscar información sobre esta profesión no noso Symbaloo do blogue ou no seguinte enlace, fai clic na imaxe.
http://www.abejasmundi.com/infantil/trabajo.htm


PROPOSTA 2:
E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO

https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A&t=89s



RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

MAÑÁ MÁISSS

No hay comentarios:

Publicar un comentario