lunes, 20 de abril de 2020

3 ANOS

Ola amiguiños!!!

Lembrádesvos de Susa, a abella?!
Esta fin de semana ocurríuseme a idea de enviarvos unhas fotos do lugar onde vivo.
A miña amiga Lúa, a bolboreta, díxome que vós coñecedes mois ben ese lugar e que está moi preto do voso cole...
Que vos parece? 😊 
A ver se vos gustan as fotos!



A maiores para os que non se cansaron de traballar, deixámosvos esta ficha de grafomotricidade, reocordade primeiro repasamos o trazo co dediño, despois cun lapis e finalmente cun rotulador ou cunha cera. 




Ánimo, nos queda menos campeóns!!!

 DEICA LOGOOO!!!!!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario