domingo, 26 de abril de 2020

4 ANOS

Xa estamos aquí!!! Outra nova semana. Preparados para traballar???
Pois veña, comezamos.

Lembrades que outro día fixemos unha abella de perfil?! Pois hoxe tócanos debuxar os tres tipos de abellas vistas dende arriba. Fixádevos ben, parecen iguais pero son diferentes. Unhas son máis grandes ca outras.





E como segunda actividade vos propoñemos ver e ler un conto que seguro que xa coñecedes "A que sabe a lúa?". Despois, podedes facer un montón de cousas con el: disfrazarse, escribir o título do conto e debuxar o que máis vos gustou, cambiarlle o final á historia, contarlle vós o contos aos vosos pais, irmáns, monecos..., representalo coa axuda da familia... en fin, o que máis vos apeteza.

VÍDEO
https://www.youtube.com/watch?v=f03MdJvFk8A


RETOOO 
E para esta semana traémosvos un novo reto. Lembrade que tedes toda a semana para conseguilo. Verdade que no conto precisaron construír unha torre para acadar o seu obxectivo??? Pois a ver quen se atreve a construir unha cos seguintes elementos:
- 4 cartóns de leite
- 2 paquetes de pasta
- 1 paquete de arroz
- 5 latas de conserva
- 1 paquete/caixa de galletas
- un pouco de chocolte
- 3 pinturas, lapis, rotuladores...
- 2 folios
E na cima...unha abella!!! (Podedes facer unha se non a tedes consultando o Symbaloo, na marxe dereita do blogue abaixo de todo "Benvidos e benvidas!". Alí tedes varias opcións).
E para aqueles que vos atrevedes non vos olvidedes de enviarnos o voso resultado a través do TokkApp ou do correo da vosa titora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario