miércoles, 29 de abril de 2020

3 ANOS

Ola!!!

E para rematar a semana imos practicar a grafo do número 3, pero antes podedes coller cousiñas que teñades na casa e agrupalas de 3 en 3. Por exemplo: 3 bonecos, 3 zapatos, 3 pinturas... E despois debuxar 3 cousas que vos queirades, unha en cada recadro.





Agora aquí vos deixamos un chisquiño de plástica, a ver que tal os saen estas alegres abelliñas!


E para medrar o noso recetario aquí vai a receta da semana. Mirade que mouchos máis divertidos e só con 3 ingredientes: galletas, pastilliñas de cores de chocolate e crema de cacao. 
A por ela e bo proveito!!!







Se a fin de semana se vos fai longa e para relaxarvos un chisco podedes colorear unha mandala  mentres escoitades unha música tranquila para que vos acompañe.



Vémonos o vindeiro martes, boa finde pero non deixedes de visitar o blogue por se houbese algunha sorpresiña antes...



No hay comentarios:

Publicar un comentario