jueves, 23 de abril de 2020

4 ANOS

Qué tal??? Por fin é venres!!!

Pois despois de ver estes días como eran as flores, para hoxe temos unha ficha cos tres tipos de abellas vistas de perfil. Lembrades o que era o perfil?? Fixémolo cos exipcios!!
Temos dúas maneiras de vernos: de fronte ou de perfil. Se queredes podedes comprobalo no espello. Se mirades para adiante, é de fronte, e se mirades de lado é de perfil. 
Podedes facelo cara á dereita e cara á esquerda. Despois de xogar, xa podedes debuxar a vosa abella. Facédea con lapis, repasádea con rotu negro e despois a coloreamos, como facemos en clase. 


E se vos animades aí vos deixamos algunha manualidad de abellas. Escollede a que queirades. Podedes consultar o Symbaloo.
https://iheartcraftythings.com/recycled-bee-craft.htmlhttps://www.pinterest.es/pin/853432198108514548/?nic_v1=1afcfaSFllZ63GZQL54oZAMGlSTm4NDkEaOs8VLhSUIzWSu3qdxceSStG5PV89Lbzk 

Como xa ven aí a fin de semana, deixámosvos unha pequena receita de cociña, para que vos animedes a facer cas vosas familias. É moi faciliña e xa veredes que rica está.

https://decopeques.com/recetas-infantiles-con-fresas/


Unha vez rematada podedes escribir os ingredientes da receita, e facer o debuxo do resultado final. Seguro que quedan flores preciosas e con todas as receitas que vaiamos facendo podemos crear o noso propio recetario. E non olvidedes que si queredes podedes sacarlle unha foto e ensinar o resultado.


BOA FIN DE SEMANA!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario