domingo, 19 de abril de 2020

4 ANOS

Ola pequerrechos!!! Preparados para traballar un pouquichiño?! Pois comezamos!!! 3, 2, 1!!! Alá imos.
A semana pasada vimos dous tipos de abellas , e hoxe tócanos outra: A ABELLA OBREIRA. Esta, é a encargada de facer o mel, de levarlle alimento ás larvas e coidar entre todas a colmea. Pois aquí vos deixamos unha abella obreira para que a pintedes como queirades, e o fondo podedes decoralo con moitas raias, tumbadas (horizontais), de pé (verticais) despegando ou aterrizando (diagonais). Facédeo con moitas cores. Xa veredes que bonito queda. 


Agora que xa coñecedes os tres tipos de abellas, ímosvos contar que as abellas saben bailar!!! Sííí. En serio, fan 2 tipos de danzas dependendo de se as flores que buscan están cerca ou lonxe. E cada unha ten o seu nome correspondente, circular se a floración está cerca e octana se non.
Pois aquí tedes unhas pequenas danzas das abellas. Facédeas con lápiz e repasádeas con rotus. Xa sabedes, como en clase, e se queredes facer a trampa, podedes 😛


E se aínda non estades cansos podedes poñer unha das cancións do Symbaloo como a de "Zun Zun" ou "As abellas de papel", bailar un pouco e despois pintarvos bailando detrás da ficha. Xa veredes que guapos quedades.

ACTIVIDADE EXTRA
Como é luns e aínda temos moita enerxía, deixámosvos un pequeno traballo de investigación que como todo o que aquí expoñemos, é voluntario,  pero si vos animades dispoñedes de toda a semana para facelo. Podedes buscar o cadro A DANZA de Mattise. Fixádevos moi ben nel: en cantas persoas hai, como están colocados, que están facendo, que cores emprega o pintor... Despois gustaríanos que recollerades nun folio toda esta información e a que se vos ocorra a través dun debuxo ou escribindo.  Cando o teñades, se queredes, podedes ensinárnolo facéndonolo chegar do mesmo xeito que fixemos ca foto do Día do Libro, a través do TokApp.

No hay comentarios:

Publicar un comentario