miércoles, 15 de abril de 2020

4 ANOS

Ola pitufos!!! Como andades?! Esperamos que teñades as mans BEN LIMPAS e preparadas para traballar. Aquí vos deixamos unha preciosa margarida para colorear. Lembrade que podedes decorar o fondo como queirades, facendo puntiños, estrelas, con pegatinas, selos... o que se vos ocorra, que agora máis que nunca temos que espremer a nosa imaxinación. E non vos olvidedes de escribir o seu nome!!! E repasalo con rotus se tedes.



E se queredes máis traballo aquí vos deixamos unhas flores moi sinxelas de facer. Podedes facelo con folios brancos, de cor, de papel de regalo, cartulina, papel que pintastes vós... o que teñades pola casa.






  P.D.- NON VOS OLVIDEDES DE GARDAR MATERIAL DE REFUGALLO COMO TUBOS DE PAPEL HIXIÉNICO, CARTÓNS DE OVOS, PAPEL DE REGALO, PAPEL DE ALUMINIO... EN CALQUEIRA MOMENTO PODEREMOS PRECISALO.

Agora para estirar as pernas invitámosvos a visitar o blogue do profe Moisés que tedes na marxe dereita e elixir algunha das actividades tan dinámicas e divertidas que podedes atopar alí.
DEICA  MAÑÁ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario