lunes, 20 de abril de 2020

5 ANOS

Ola de novo!!! 
Estades todos/as aí?! 
Mirade que pasamos lista!!!

PROPOSTA 1:

Como vimos onte na colmea existen diferentes membros e cada un ten a súa función como ocorre no cole (jejeje). Está  a que manda (xa sei en que quen estades pensando...), as que traballan (pois sí... vós!) e "as que rascan a barriga" (aquí nunca nos poñiamos de acordo...) pero que son imprenscindibles para que a raíña poña os ovos. Nesta ficha tedes que ler (xa sabedes que hai que intentalo para conseguilo) ou que vos lean, para poder unir cada función coa abella correspondente e despois escribir o nome de cada unha en minúsculas, téntadeo!



Agora podedes facer unha manualidade triple, 3 abellas de diferentes tamaños para representar así a abella raíña (grande), a abella obreira (pequena) e o zángano (mediana). Qúe vos parece? Para iso vos propoñemos algunhas  ideas se pinchades enriba da imaxe (con pedras, estampando, con cartolina, con tubos de papel hixiénico, con  caixas de ovos...) pero tamén podedes facelas con calquera outro material que decidades. Se queredes que as vexamos xa sabedes que podedes enviarnos a foto do resultado polo TokApp ou correo, como prefirades.

https://www.craftymorning.com/buzzworthy-bee-crafts-for-kids-to-make/
PROPOSTA 2:

E para rematar por hoxe un chisco de grafomotricidade para facer a modiño e sen saírse dos caminiños. Primeiro con lapis e se están ben despois con rotus. Vós xa sabedes!



MAÑÁ ESPERÁMOSVOS AQUÍ!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario